Plan Director Catedral de Santiago

O Plan Director da Catedral de Santiago establece as obras necesarias para a súa restauración e garantir a súa conservación. Unha análise previa, a partir de 25 áreas de estudo, detectou 534 patoloxías que afectan as fábricas da catedral, que se agruparon en 10 tipos diferentes de lesións: danos estruturais; deterioración de pedra granítica; acción de humidades; suciedade de contaminación; actuacións perturbadoras; carpintarías deficientes; reixas en mal estado; acabados interiores deteriorados, elementos mal trazados; defectos en instalacións.

O Plan Director tamén establece novos usos e reordena espazos, de manera especial o claustro, para mellorar os servizos ofrecidos polo Museo.

En función das prioridades e urxencias de actuación, o Plan Director organiza un programa de 89 intervencións: prioritarias, secundarias e de remate.

O coste total estimado das obras é de 30 millóns de euros.

 

O proxecto Axuda á Catedral permite que cada persoa particular poida contribuír a desenvolver o Plan Director e así colaborar na conservación da Catedral.

 

Catálogo-resumen Plan Director: