O Ano Santo ou Ano Xubilar Compostelán é un tempo no que a Igrexa concede singulares grazas espirituais aos fieles, a imitación do que a Biblia di do ano xubilar aos israelitas: Cada 7 anos era Ano Sabático, nel recuperábanse as terras quen as tiña vendido por necesidade e os esclavos adquirían a súa liberdade. Cada 50 anos era Ano Xubilar (Lv, 25).

Xesús di que Él vén a anunciar un ano de graza do Señor (Lc, 4, 16).

A Igrexa Compostelá, co seu Ano Santo, concede tamén un especial ano de graza

É Ano Santo Compostelán cando o 25 de xullo, Conmemoración do Martirio de Santiago, coincide en domingo. Prodúcese coa periodicidade 11, 6, 5, 6 anos. Ten a súa orixe no 1122, co papa Calixto II, confirmado posteriormente polo Papa Alexandre III na Bula “Regis aeterni” de 1179, conferíndolle perpetuidade.

A Sé de Pedro alabou reiteradamente ao longo dos séculos a peregrinación a Santiago e ao Ano Santo.

“Nos exhortamos a todos amadísimos fillos a seguir esa vía de fidelidade evanxélica, de autenticidade cristiá e de iluminada esperanza que, a través dos séculos, guiado a tantas almas ata o Templo Compostelán”. (Pablo VI: A. St 1971).

“Comparto a ledicia...polo tempo de graza e perdón que o Señor se digna conceder, unha vez máis, á querida comunidade de España e de toda a cristiandade... que o Xubileo sexa para todos ocasión de verdadeira reconciliación”. (Xoán Paulo II: A St 1982).

"Invito aos peregrinos a que fagan acopio das suxestivas experiencias de fe, caridade e fraternidade que atopen na súa andaina, a que vivan o Camiño sobre todo interiormente, deixándose interpelar pola chamada que o Señor fai a cada un deles. Así poderán dicir con gozo e firmeza no Pórtico da Gloria: «Creo»". (Bieito XVI: A St 2010). 

Para gañar o Xubileo requírese:

>Visitar a Tumba do Apóstolo na Catedral e rezar alguna oración.

>Recibir o Sacramento da confesión (xa sexa na Catedral ou en calquera outro lugar quince días antes ou despois).

>Recibir a Comuñón. Esta Indulxencia é aplicable aos finados.

Nin a Graza do Xubileo nin a peregrinación están vinculadas, de seu, a Compostela. Pódese gañar o Xubileo viaxando por calquera medio e é posible recibir a Compostela sen gañar o Xubileo.

Grazas Xubilares

Indulxencia plenaria, que se puede lucrar unha vez ó día (aplicable aos finados), con estas condicións:

>Visitar a Catedral recitando algunha oración vgr. Padrenuestro e Credo, orando polas intencións do Romano Pontífice.

>Recibir os sacramentos da confesión (pode ser 15 días antes o despois) e a sagrada comuñón.

Facultades para confesores:

>Confesar na Catedral, nas parroquias da cidade e no Monte do Gozo, todos os sacerdotes con licenza para confesar.

>Absolver de “censuras” excepto as reservadas á Santa Sé (v. CIC c 1367, 1370, 1378, 1382 y 1383) pero coas facultades que outorgan os cc 976 y 1357.

>Conmutar e dispensar de votos nas condicións establecidas pola Igrexa.