A Catedral de Santiago é a igrexa nai da Arquidiócese Compostelá. Nela está a cátedra do seu Arcebispo: de aí o nome da Catedral. A súa singularidade radica en posuír a tumba do Apóstolo Santiago, o que a converte a partires do século XI nun dos máis importantes santuarios de toda a cristiandade. A él concorrren peregrinos de todas as partes do mundo.

É, ante todo, casa de oración e centro de vida sacramental, que propicia a reconciliación con Deus no sacramento da penitencia e o crecemento da vida cristiá na Eucaristía. O seu eido está cargado de resonancias históricas e de palpitacións artísticas.

Don Julián Barrio Barrio é Arcebispo de Santiago de Compostela desde 1996.

Web do Arcebispado de Santiago