Oración do peregrino

Apóstolo Santiago, elixido entre os primeiros, tí fuches o primeiro en beber o cáliz do Señor e eres o gran protector dos peregrinos: fainos fortes na fe e ledos na esperanza, no noso camiñar de peregrinos seguindo o camiño de vida cristiá e alentándonos para que, finalmente, academos a gloria de Deus Pai. Amén.

O Camiño de Santiago, Primeiro Itinerario Cultural Europeo y Patrimonio da Humanidade, é unha das máis antigas e principais vías de peregrinación da cristiandade. Desde o descubrimento do sepulcro do Apóstolo Santiago innumerables peregrinos se puxeron en camiño cara a Compostela para venerar as súas reliquias, conformando así toda unha cultura xacobea ao longo de Europa.

A peregrinación a Santiago de Compostela

Peregrinar é un rito común á inmensa maioría das relixións. Santiago é unha das tres grandes cidades de peregrinación do cristianismo, xunto a Xerusalén e Roma. Cando os cristiáns europeos ven amenazada a súa fe polo avance do Islam afírmanse nela peregrinando ao recén descuberto Sepulcro de Santiago Apóstolo, a partir do século IX. Así crearonse, paso a paso, rutas que conducían a Santiago de Compostela, dando lugar a unha forma de unidade entre os diferentes países e rexións europeos. Os séculos XII e XIII foron a época dourada da peregrinación a Santiago. Posteriormente, o Renacemento e a época da Reforma víronse acompañados por ataques ao fenómeno xacobeo que, nembargantes, mantívose en pé, aínda que con menor afluencia de peregrinos. A Bula de León XIII "Deus Omnipotens", que verificaba a autenticidade das reliquias apostólicas, significou un novo impulso á peregrinación xacobea, medrando ao longo do século XX ata os nosos días, nos que a peregrinación amósase con forza e auxe.

A peregrinación a Santiago condúcenos á Tumba dun Apóstolo, un dos doce que formou parte do círculo íntimo de Xesucristo e que foi responsable da evanxelización de Hispania, é dicir, foi o transmisor da fe orixinal recibida de Xesús.

O Camiño

Existen distintas rutas para peregrinar a Santiago. Tradicionalmente, o peregrino partía do seu fogar para chegar á "Casa de Santiago", á Catedral, e polo tanto sería difícil establecer todas as rutas de peregrinación. O Camiño de Santiago non é un fin en sí mesmo, senón un medio para chegar á meta: a Tumba de Santiago. Nembargantes, podemos dicir que existen rutas destacadas e tradicionais que concentran a afluencia de peregrinos:

>O Camiño Francés

Ruta máis frecuentada hoxe en día e que entra na Península por Roncesvalles, pasando por Pamplona, Logroño, Burgos, León, Astorga, Ponferrada, entrando en Galicia por O Cebreiro.

>O Camiño do Norte

Bordea a costa cantábrica, pasando por Irún, San Sebastián, Bilbao, Santander, Xixón, Avilés e entrando a Galicia desde Ribadeo.

>O Camiño Primitivo

Parte de Oviedo e conduce ao peregrino hacia Santiago polo interior de Asturias, pasando por Lugo e uníndose no último tramo ao Camiño do Norte e ao Camiño Francés.

>O Camiño Inglés

Así coñecido pola afluencia de peregrinos das illas británicas, que viaxaban por man desembarcando na Coruña ou Ferrol e desprazándose desde alí a pe.

>O Camiño Portugués

Discorre por distintas rutas en Portugal (interior e costa) ata entrar en territorio galego por Tui.

>A Vía da Plata

Procede de Sevilla, Mérida, Zamora e que entra en Galicia por Ourense.

 

A peregrinación debe prepararse desde distintos puntos de vista: o físico, o espiritual e tamén informándose na Oficina do Peregrino de Santiago, nos Bispados, nas Confrarías de Santiago, nas Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago, nas que os antigos peregrinos ou personas cercanas á peregrinación poden facultar datos interesantes ou consellos prácticos.

Máis información e cómo preparar a túa peregrinación.

CHEGADA E ESTANCIA EN SANTIAGO

      

OUTROS IDIOMAS

English

Français

Italiano

Deutsche

Português