Bernardo o Vello, Mestre Admirable, e Roberto, inician a construción da Catedral Románica no ano 1075, baixo o reinado de Afonso VI e sendo Bispo D. Diego Peláez. Tras esta etapa inicial, diversos avatares suspenden ou, cando menos, ralentizan as obras, ata que toman un novo impulso nos tempos do Arcebispo Xelmírez, no ano 1100, a cargo do Mestre de Praterías; pouco a pouco a construcción da Catedral irá avanzando ao longo do século XII, encargándose en 1168 ao Mestre Mateo a finalización da mesma, incluíndo o peche occidental e a construcción do Coro na nave maior. No ano 1211 celébrase a consagración da Basílica coa presenza de Afonso IX.

Aínda que a estrutura medieval mantívose no fundamental, ao longo dos séculos a Catedral foi variando a súa fisonomía coa construción no Renacemento do Claustro e os seus espazos anexos e, sobre todo no Barroco, no que se realizan obras como a capela maior, os órganos, o peche da cabeceira ou a fachada do Obradoiro, entre outras importantes actuacións. Durante o Neoclasicismo realízase a nova fachada de Acibechería e nos últimos cen anos seguiron realizándose novas actuacións.

A continuación podes coñecer máis sobre a historia da Catedral de Santiago, a partir dunha selección de pezas significativas do seu Museo: