A imaxe do Apóstolo Santiago é unha das máis difundidas, non só en España, senón tamén no resto de Europa e, sobre todo, en América Latina. A historia e as tradicións foron configurando unha iconografía representativa da súa figura e que, de xeito especial, se difunde na Catedral.

Santiago - Apóstolo

É a representación máis antiga, con túnica, pés descalzos e nas mans o libro do Novo Testamento. Así o contemplamos no camarín do altar maior (aínda que modificado no século XVII con engadidos máis propios da indumentarias dun peregrino) e no parteluz do Pórtico da Gloria.

Santiago - Peregrino

Quizáis sexa a representación máis difundida, pode ir calzado ou descalzo, con túnica, manto, esclavina e bordón, a imitación dos peregrinos medievais. Soe levar sombreiro, cabaza e cuncha de vieira. É a imaxe que coroa o camarín do altar maior e que é adorada polas figuras dos reis e a que preside a fachada do Obradoiro.

Santiago - Cabaleiro

Como guerreiro aparece montado a cabalo, en posición de ataque e coa espada. É unha iconografía que se estende no contexto da Reconquista, a imitación da representación do relieve do tímpano de Clavijo na catedral compostelana, e que acada gran popularidade no século XVI. Un Santiago Cabaleiro coroa o baldaquino do altar maior e preside a súa capela propia na nave norte.

Títulos galería
  • Altar Maior
  • Pintura