O 28 de xaneiro de 2015 o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia subscribiron un novo convenio de colaboración coa Fundación Catedral de Santiago e a Fundación Pedro Barrié de la Maza, para a Dirección Facultativa e a Comisión Técnica do Programa Catedral, actualizando os acordos establecidos no anterior convenio de 2010.

Neste Programa abordouse por primeira vez a recuperación dos valores materiais e inmateriales do conxunto do Pórtico da Gloria, partindo da consideración de que esta obra emblemática da historia da arte forma parte indisoluble da fachada occidental do templo. O Pórtico posúe un potente valor simbólico e litúrgico como lugar de culto e peregrinación, pero é ademais un dos destinos turísticos máis destacados a nivel internacional.

As liñas de estudo e investigación desenvolvidas ata o momento permitiron obter un diagnóstico sobre o seu estado de conservación e suscitar as actuacións necesarias no monumento para estabilizar os riegos de deterioro. Coa firma deste convenio poderán iniciarse os traballos de restauración que terán unha duración de dous anos e despexaranse os interrogantes que aínda están abertos sobre a secuencia as distintas fases constructivas e decoraciones aplicadas ao longo dos séculos.

O Instituto do Patrimonio Cultural de España asumirá a Coordinación da Restauración, integrada na Dirección Facultativa da Oficina Técnica da Catedral, participando así mesmo na Comisión Técnica, creada como órgano consultor a nivel científico para garantir a excelencia do proxecto.

No Programa Catedral colabora tamén a Fundación Andrew W. Mellon cunha convocatoria bienal de becas de investigación pre e post doctorales que están permitindo establecer paralelismos con outros bens e ampliar o ámbito territorial do proxecto, conferíndolle unha proxección internacional. En xuño de 2015 organizarase un primeiro simposio na cidade de Santiago de Compostela para expoñer os resultados dos traballos en curso.