A Catedral de Santiago é unha basílica que conxuga o espazo para o culto e a oración co uso turístico e cultural. Os seus espazos resultan atractivos para a visita e foi, desde sempre, escenario para producións audiovisuais e reportaxes, así como centro para o estudo e análisis dos seus fondos documentais. A necesidade de regular os seus usos fai necesario establecer unha serie de normas coas que garantir o normal desenvolvmento de actividades litúrxicas e outros eventos.

Para realizar reportaxes fotógraficos e gravacións audiovisuais na Catedral é preciso contar con autorización. Tamén é preciso contar con autorización para acceder aos fondos documentais da Catedral co obxectivo de realizar estudos e investigacións.